A Xunta destina uns 120.000 euros a potenciar o pequeno comercio

    convenio_conselleiro_economia_100_051009.jpgPONTEVEDRA> Economía e Industria creará unha rede de dinamización, coordinación e mellora que revitalice o sector.

    {flowplayer}images/salnes/051009_convenio_comercio.flv{/flowplayer}

    Impulsar un dos sectores económicos base da provincia de Pontevedra. Este é o obxectivo que persegue o novo convenio asinado entre a consellería de Economía e Industria e a Deputación. 120.000 euros de orzamento para coordinar as políticas que goberno autonómico e provincial están a levar a cabo en materia comercial. E máis concretamente no que atinxe ó ámbito do pequeno comercio.

    Trátase dun proxecto piloto, pioneiro en Galicia, que busca crear unha rede entre os comerciantes da provincia para poder dar resposta ás súas necesidade e axudalos a potenciar a súa actividade, coa achega de novas tecnoloxías ou calquera outro tipo de asesoramento que precisen. E un complemento esencial será a Oficina Provincial do Comercio. A través dela a Deputación canalizará as demandas dos consumidores ademais de realizar un estudo por comarcas e concellos sobre a situación do pequeno comercio en Pontevedra. Con estes resultados na man poderán perfilarse políticas axeitadas ás necesidades do sector.

    A Xunta suma así este convenio a outras medidas financeiras portas en marcha recentemente no sector, como o plan de avais para circulantes, no que se contempla un apartado especial para o pequeno comercio. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou que con este tipo de medidas trátase de manter e desenvolver un dos piares nos que se apoia a economía da provincia de Pontevedra, nos que existen preto de 14.000 establecementos comerciais.

    Redacción Salnés