![]()
VILANOVA> Unha familia de Vilanova de Arousa sufre constantes inundacións de augas fecais na súa vivenda.
{flowplayer}images/salnes/INUNDACION_CASA_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Os membros da familia están desesperados. Durante as chuvias destes días tan só puideron ver como a súa casa se inundaba sen poder facer nada por remedialo. A sorpresa: que tratábase de augas fecais. Nunha primeira evaluación de danos, a familia tivo que tirar a maior parte dos electrodomésticos da cociña, así como roupa que vende nos mercadillos , adornos de Navidade e xoguetes.
Toda a familia pasou a noite limpando a casa pero, o peor de todo, é o olor nauseabundo que queda no fogar. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, declarou que o problema ven da rotura dunha tubeira durante as obras de instalación do gas.
A familia xa comezou un proceso de demanda contra Espina e Delfín, a empresa saneadora. Durán afimou que os responsables deste caos deben pagar tódolos danos causados. O concello fará un estudio do ocorrido na tubeira xa nunca houbo problema de inundación ata a realización das obras do gas.
Redacción Salnés






