Rafael Louzán: ‘A Catedral do Salnés recuperará todo o seu esplendor’

    armenteira_100_051009.jpgMEIS> O presidente da Deputación calcula que a finais de outubro comezará a rehabilitación da igrexa do Mosteiro de Armenteira.

    {flowplayer}images/salnes/051009_rehabilitacion_armenteira.flv{/flowplayer}

    Segundo datos facilitados pola Deputación de Pontevedra, nos últimos tres meses máis de 12.000 persoas visitaron o Mosteiro de Armenteira e o seu entorno. Estas cifras presentan ó complexo arquitectónico como un dos atractivos turísticos máis relevantes da Comarca do Salnés, por iso, goberno provincial, concello de Meis e Diócese de Santiago van a colaborar na rehabilitación e acondicionamento deste espazo.

    A primeira fase das obras centrarase na limpeza da fachada principal, o rosetón e as bóvedas do cimborrio do presbiterio e dos cruceiros norte e sur. Segundo cálculos da Deputación, os traballos poderían botar a andar a finais deste mesmo mes, e neles investirá arredor de 200.000 euros. O concello de Meis encargarase de tramitar a licenza e a Diócese de Santiago do mantemento do edificio unha vez rematadas a actuación.

    A actuación na igrexa do Mosteiro forma parte do proxecto de rehabilitación integral do conxunto, o “Plan Armenteira 2009-2011”, para o que se contempla un investimento total de 1,2 millóns de euros. Outras das melloras que se contemplan é a dotación dun acceso alternativo para o tránsito de turismos e autobuses que se achegan ata o lugar, coa fin de reducir o tráfico rodado na entrada do Mosteiro.

    Redacción Salnés