A Policía Local detén a un ribeirés por un suposto delito de violencia de xénero

    violenciaxenero_100_071207.jpgRIBEIRA > A Policía Local de Ribeira procedeu á detención dun individuo durante a madrugada do venres por un posible delito de violencia de xénero.

    Ás doce e media da madrugada do venres, a dotación de servizo da policía local de Ribeira recibía unha chamada telefónica requerindo a súa presenza nun domicilio da Rúa do Sal, por un posible caso de violencia doméstica.

    A veciña M.M.L.P., de 37 anos de idade, informou ós axentes da agresión sufrida a mans do seu home a quen acusou de agarrala fortemente polo pescozo para posteriormente tirala ó chan. Os feitos aconteceron, segundo denunciou a muller, en presenza dos fillos menores da parella.

    Inmediatamente, os axentes procederon á detención do home, de 40 anos e que responde ás iniciais de M.A.G.P, por un posible delito de violencia de xénero. Posteriorme foi trasladado á Comisaría do Corpo Nacional de Policía. Pola súa banda, a vítima foi trasladada ó centro de atención primaria para avaliar os danos ocasionados polo seu agresor.

    Roubo

    Por outra banda, axentes da Policía Nacional procederon tamén durante esta semana á detención de dous individuos pola comisión dun roubo nun supermercado de Ribeira. Os detidos son F.J.B.A., de 64 anos natural de Bilbao e veciño de Vigo, e J.R.D., de 55 anos natural e veciño de Vigo.

    Os axentes procederon á localización dos supostos autores do furto despois de que os empregados do establecemento comercial os sorprenderan tentando sustraer varios produtos. No vehículo que utlizaban incautáronse de 62 barras de turrón roubadas así coma un talonario de facturas. Os detidos, que contan con antecendentes policiais por feitos similares, pasaron onte a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/violenciaxenero.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza