O 15 de Marzo conmemórase o Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores

    PONTEVEDRA > O 15 marzo conmemórase o Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores e este ano Pontevedra adica a celebración á importancia do aforro enerxético. O día anterior celebraráse unha charla informativa aberta ós consumidores, na que se afondará na importancia de contribuir nos fogares a non malgastala enerxía. 

    Pontevedra celebra cada ano a chegada do Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores e en cada nova conmemoración fai fincapé nun aspecto especifico do consumo. O pasado ano a temática central xirou en torno á auga e a necesidade dun consumo responsable, este ano a enerxía centrará os actos. Un día antes e a partir das 8 da tarde, celebrarase unha  charla informativa con varios temas sobre a mesa.

    Na charla participarán responsables de Unión FENOSA e técnicos do Instituto Galego de Consumo. Os asistentes recibirán unha guía con consellos prácticos editada para a ocasión. Na charla tamén tratarán o dereito á protección xurídica, administrativa e técnica e a reparación de danos e perxuizos, así como o plan Renove recentemente anunciado polo Ministerio de Industria e que non será efectivo ata xullo. O Plan compensará con 50 euros a cada consumidor cando se certifique a retirada de electrodomésticos para a súa reciclaxe.  

    Segundo datos do Instituto Enerxético de Galicia, as familias galegas consumen o 25% de enerxía da totalidade do consumo da Comunidade, moita gastada inútilmente. Segundo un informe de Unión FENOSA, cada familia derrocha o 30% da enerxía que consume. As fontes de enerxía non renovables como o petróleo ou o gas natural son as que proporcionan o 93% do consumo en todo o territorio e importamos un 98%, do que un 60% se destina ó transporte. Todos podemos axudar a reducir estas cifras, adoptando sinxelas pautas cotiáns encamiñadas ó aforro de enerxía. 

    Redacción Salnés