Portos asegura que a reforma portuaria remata nuns meses

    porto_vilanova_100.jpgVILANOVA> O Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez visitou esta mañá as instalacións portuarias de Vilanova.

    {flowplayer}images/salnes/PORTO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    O Presidente de Portos de Galicia escoitou as necesidades das confrarías para melloralo seu traballo. Xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, asistiron á lonxa para ver o edificio e estudala remodelación que sufrirá nos próximos meses. Entre as esixencias da patroa maior, Evangelina Lago, destacan a ampliación da lonxa e a instalación de cámaras no porto. Lago confía nas inversión de Portos de Galicia

    En canto a lonxa vella, Gonzalo Durán, afirmou que no edificio situarase a estación marítima.

    Pola súa parte o presidente de portos de Galicia afirmou que a remodelación do porto estará lista para dentro duns meses cun custo superior ó millón de euros. José Manuel Álvarez declarou que cos cambios, o porto de Vilanova cobrará aínda máis vida e será un dos mellores da zona. Ademáis, Portos de Galicia prepara unha baixada de taxas portuarias que os mariñeiros comezarán a notar o ano que ven.

    Redacción Salnés