O PP valora negativamente os orzamentos xerais do 2010

    pastor_100.jpgPONTEVEDRA> Deputados e Senadores do Partido Popular na Provincia de Pontevedra aseguran que esta provincia vai a verse moi prexudicada polos…

    {flowplayer}images/salnes/051009_pp_orzamentos.flv{/flowplayer}

    … orzamentos xerais do estado para a anualidade 2010. Nos vindeiros días, os membros do PP van a presentar unha serie de emendas cas que intentarán paliar as desatencións que, o seu entender, sufrirá este territorio ó longo do vindeiro ano. En concreto, a popular Ana Pastor asegurou que estes presupostos falaban unha edición tras outra das mesmas actuacións, sen que estas cheguen a materializarse. Entre outras obras, Pastor lembrou a circunvalación de Pontevedra e o Arquivo provincial como actuacións que levan anos prometéndose e que nunca se dan executado.

    O goberno central rebaixará a súa asignación a Galicia nunha porcentaxe de 6.5 %, e subirá os impostos directos, o que segundo o PP, virá a crear máis inestabilidade laboral.

    Esta Deputada no Congreso por Pontevedra lamentou que o proxecto da Alta Velocidade esqueza a estación intermodal de Pontevedra ou o paso deste AVE por Cerdedo, o que significa que o servicio de Ferrocarril na cidade do Lérez volverá a sufrir un importante atraso. Ó mesmo acontece cas infraestructuras viarias; ó contrario do apuntado polo deputado socialista Domingo Tabuyo o pasado venres, Pastor nega que estea previsto o desdobramento da AP-9 ou outras infraestructuras terrestres.

    No tocante ás axudas da dependencia, Pastor asegura que lonxe de subir a cuantía destinada en Galicia, vai a sufrir unha diminución de ata 400 millóns de euros.

    Redacción Salnés