Comezan as reunións para decidir o futuro do servizo ferroviario

    amigos_ferrocarril_100_061009.jpgVILAGARCÍA> Os voceiros da Corporación escoitaron xa as propostas da Comisión en Defensa do Traxecto de Cercanías.

    {flowplayer}images/salnes/061009_amigos_ferrocarril.flv{/flowplayer}

    O pasado mes de xullo, a Corporación vilagarciá decidía no Pleno retirar unha moción para a eliminación do trazado de vías ferroviarias que quedarán inutilizadas trala posta en marcha da alta velocidade. O goberno local cedía así na súa postura e na mesma sesión, acordaba iniciar unha rolda de contactos con tódolos axentes implicados no deseño do futuro servizo ferroviario para escoitar as súas propostas. A primeira desas reunións tiña lugar cos membros da Comisión en Defensa do Traxecto de Cercanías. A súa demanda: que se manteña a actual rede ferroviaria, conectando Vilagarcía con Santiago e estender o trazado ata o aeroporto de Lavacolla.

    Como vantaxes, a comisión apunta a que esta rede de cercanías permitirá desconxestionar o tráfico do centro de Vilagarcía á vez que mellorar as comunicacións entre os nove concellos que conecta.

    Logo de máis de dúas horas de xuntanza, tanto goberno local como os membros da comisión cualificaron o encontro como moi positivo. Queda aínda por coñecer a postura dos técnicos do Ministerio de Fomento, a Dirección Xeral de Ferrocarrís e a dirección xeral de Mobilidade da Xunta. Só entón o concello de Vilagarcía decidirá que facer con este trazado ferroviario.

    Redacción Salnés