VILAGARCIA> O BNG de Vilagarcía condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 a que o goberno local deseñe unha folla de ruta que garanta o cumprimento dos acordos co goberno local. Os nacionalistas din que algunhas das súas achegas en anos anteriores non rematan de materializarse, polo que instan aos socialistas a que se recolla por escrito un calendario cos distintos proxectos e obras.
Coa man tendida nos últimos tres anos ao goberno local, o BNG de Vilagarcía condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 a un compromiso por escrito por parte do executivo de Varela sobre as súas achegas ás contas. Os nacionalistas observan como as súas melloras nos últimos anos nos presupostos non acaban de materializarse tanto como lles gustaría, polo que queren certezas de que iso non será así no último ano do mandato.
Porque, din os nacionalistas, nos últimos tres anos chegaron a acordos co goberno local que, pola contra, non se materializan como lles gustaría.
Desconfianza, pero tamén optimismo de cara a sacar adiante as contas. Uns orzamentos, defenden dende o BNG, que deben poñer o foco desta volta no mantemento.
Unha prioridade que non quita que na axenda dos nacionalistas se manteñan outros grandes proxectos pendentes. Entre outros, o aparcadoiro do Carril ou unha solución para o balneario da Compostela, para o que propoñen un centro de día para maiores. Ademais insisten na necesidade dunha residencia pública na cidade.
Tamén lle reclaman ao goberno socialista máis compromiso coa cultura e a lingua.











