SANXENXO > O club de concellos España Verde acordou hoxe en Sanxenxo incorporar novos destinos en Galicia para promocionar as vilas mariñeiras do noroeste. Os 8 fundadores trasladarán esta proposta a varios concellos das provincias da Coruña e Lugo, como pode ser Ribeira.
O Club de Municipios de Excelencia da España Verde proporán a súa incorporación a unha serie de destinos das provincias de Lugo e A Coruña. Este foi un dos acordos acadados hoxe polos alcaldes dos oito concellos fundadores. A reunión celebrouse esta mañá no porto deportivo de Sanxenxo, que xunto con Baiona son os únicos destinos galegos incluídos neste club. A intención de ampliar socios é para cubrir os cincocentos quilómetros de costa comprendidos entre Cudillero, en Asturias, e Sanxenxo.
Nunha fase posterior potenciarase a incorporación de novos destinos e Asturias e Cantabria. Para formar parte deste Club de España Verde, os novos destinos han de ser unha vila mariñeira e ter unha infraestructura turística estable. O que non será necesario é que desenvolvan un Plan de Excelencia Turística, requisito que si cumpren os 8 fundadores. A proposta trasladarase a Ribadeo, Foz, Viveiro e Ortigueira, na provincia de Lugo, e a Sada e Ribeira, na Coruña. Outro dos asuntos tratados foi o encontro gastronómico que prevén realizar en outubro en Madrid.
Redacción Salnés