O BNG pide que se tomen medidas para controlar os vertidos ao río Te

    denunciabngrianxovertidos_100_06102009.jpgRIANXO> Os nacionalistas tamén solicitan a urxente actuación no Campo da Ponte, na area recreativa das Miráns, na parroquia do Araño.

    Segundo os nacionalistas rianxeiros este é un exemplo máis dos continuos episodios de vertidos que se producen ó longo de todo o municipio, debidos na maioría dos casos ó mal funcionamento dos bombeos e a un pésimo mantemento por parte da empresa concesionaria.

    Sistema de aviso

    Dende o BNG rianxeiro sinálase que é preciso que se realice unha revisión xeral de tódolos bombeos existentes en todo o termo municipal, ademais de implantarse un sistema automático de aviso á central de Rianxo para que se poña en marcha un protocolo de actuación con urxencia.

    {flowplayer}barbanza/denunciabngrianxovertidos.flv{/flowplayer}

    Segundo os nacionalistas esta non é a primeira vez que o bombeo do Campo da Ponte dá problemas e mesmo os veciños teñen denunciados vertidos diante do Seprona. Por esta razón o BNG de Rianxo considera necesario que o executivo local, diante dos problemas que están a da-los actuais bombeos, efectúe unha renovación e posta o día dos mesmos, impoñéndose ademais sanción á empresa concesionaria do servizo se non cumpre coas obrigas do seu contrato e non lle dea solución ós múltiples problemas denunciados.

    Os nacionalistas tamén demandan o arranxo e limpeza de toda a área recreativa alí existente debido ó estado de abandono total que presenta, tanto a nivel de maleza como estragos no mobiliario urbano.

    Redacción Barbanza