Máis de 234 mil euros para a mellora de viais no Barbanza

    BARBANZA> A Deputación da Coruña asinará en breve convenios cos concellos de Boiro e Lousame para en mellorar a seguridade viaria en varios treitos destes dous municipios. O convenio que en breve asinarán Deputación e concello permitirá financiar a construción dun muro de contención no lugar da Magdalena, na parroquia de Lampón. A achega provincial que se recolle no acordo será de preto dos 136 mil euros, o que supón o 80% do investimento total cifrado en 170 mil. A cantidade restante necesaria para levar a cabo esta actuación será aportada polo executivo boirense. Con esta cantidade levarase a cabo a construción dun muro de contención de máis de 200 metros lineais e 5 metros de altura co que se mellorará a seguridade viaria na estrada AC-305 ó seu paso polo lugar. O organismo provincial tamén asinará tres convenios de colaboración por un importe total de máis de 97 mil euros co concello de Lousame que permitirán mellorar a seguridade viaria neste municipio. Así prevese unha actuación de substitución do actual pavimento no vial dende o Cruce de Castiñeiras ata Gandarela que incluirá ademais a limpeza de cunetas e a instalación de sinais de stop en distintas zonas do concello. Outro dos acordos permitirá levar a cabo as obras de ampliación e pavimentación do vial interior en Merelle e a mellora do firme na estrada de acceso a Aldaris. Con cargo á Deputación tamén se realizarán as obras de mellora do pavimento e ampliación do vial de acceso a Quintáns de Lesende dende Sampaio e a ampliación do camiño de Horta a Cairo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/26/mellorasviariasdeputacioncorunha261213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/26/mellorasviariasdeputacioncorunha261213.mp4{/flowplayer}