A próxima semana rematan os campamentos xuvenís da Xunta no Loreto

    PORTO DO SON> A directora Xeral de Xuventude visitou o campamento Virxe do Loreto en Porto do Son polo que, ó longo deste verán, pasaron máis de seiscentos mozos. Trátase dos últimos participantes posto que o vindeiro luns rematarán os campamentos xuvenís da Xunta. A última quenda de participantes deixará o campamento Virxe do Loreto o vindeiro luns. Con estes son seiscentos sesenta os rapaces que pasaron por estas instalacións no marco dos campamentos xuvenís da Xunta que este ano incrementaron o número de prazas en máis de cincentas. O alcalde de Porto do Son acompañou á responsable autonómica na visita para agradecerlle o importante esforzo realizado pola Xunta na organización destas actividades que ademais de ofrecer un ocio alternativo para a mocidade supoñen un importante factor de promoción turística dando a coñecer o concello.