NOIA> O BNG de Noia levará a pleno unha serie de iniciativas solicitando o cumprimento dos acordos cos traballadores. Refírense principalmente á aplicación do protocolo antiacoso e a posta en marcha dun plan de igualdade.
Tras varias xuntanzas con funcionarios, o BNG de Noia faise eco dalgunhas das demandas transmitidas polo persoal do concello. Entre elas, a necesidade de aplicar o protocolo antiacoso, elaborado xa hai máis dun ano por unha empresa externa pero aínda sen desenvolver. Tamén urxen a elaboración dun plan de igualdade como obriga a lei a calquera empresa con máis de 50 traballadores.
A recuperación dos plans de pensións municipais, acordada na mesa xeral de negociación colectiva, é outro dos acordos que continúan sen materializarse privando ós traballadores deste dereito.
Lembran ademais dende o BNG a obriga de convocou a comisión de seguimento do telebraballo que dende a súa implantación no ano 2022 non volveu a reunirse.