Docentes da EOI Pontevedra péchanse no centro durante 48 horas

    eoi_100.jpgPONTEVEDRA> Os profesores da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra están en folga. Este era o aspecto que presenta o centro educativo ubicado…

    {flowplayer}images/salnes/071009_folga_escola_idiomas.flv{/flowplayer}

    … no Campús da Xunqueira: carteis e pancartas reivindicativas recollían o lema desta mobilización “ Que ninguén pise a túa lingua”, unha máxima que estaba reforzada cunha gran lingua tendida no corredor do centro e na que os alumnos tachaban cada pisada que había nesta lingua simulada. Durante a xornada de hoxe e de mañá preto de 28 docentes permanecerán pechados neste centro en protesta pola aplicación, por parte da Xunta de Galicia, do decreto 5/2009.

    Estas mobilizacións non están afectando ó desenrolo das clases. Tanto este centro de Pontevedra como os outros centros que del dependen, ubicados no IES Valle Inclán deste Concello, no Ramón Aller de Lalín e no Losada Diéguez da Estrada continuarán 48 horas con esta protesta contra este decreto que lles foi imposta sen ningún tipo de consenso previo.

    As primeiras consecuencias negativas da implantación deste decreto xa se están deixando notar: os alumnos quedáronse sen clases complementarias, os docentes teñen que asumir catro grupos no canto dos tres anteriores e, ó tempo, quedáronse sen formación complementaria . Ademais, no caso deste centro, o cadro de persoal veuse reducido en seis profesores neste curso.

    Redacción Salnés