A ADR Ulla-Umia pon en marcha o Consello Comarcal de Igualdade

    asocmulleresnaadrcaldas_100_180407__still_001.jpgCALDAS > A Asociación para o Desenvolvemento Rural dos Vales do Ulla e Umia prepara o programa operativo de igualdade de oportunidades.

    Dentro deste programa contémplase a creación do Consello Comarcal de Igualdade no que estarán representantes técnicos, políticos e sociais dos sete concellos da comarca que estes días están a ser elexidos. Do proceso encárgase a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega, APAIOGA.

    Unha das súas técnicas, Mercedes Renda, explicou que o Consello estará formado polos principais colectivos da comarca. Estarán representantes das asociacións de mulleres, culturais, veciñais, de turismo e hostalería e dos empresarios e comerciantes. Eles, xuntos con políticos dos sete concellos e técnicos de igualdade tratarán de analizar a realidade do seu territorio para establece-las necesidades e dar propostas e recomendacións ó tempo que se favorece a participación cidadá. O proxectos, que xestiona a ADR Ulla-Umia, enmárcase no proxecto europeo Leader+.

    Redacción Salnés