O Extrugasa afronta o primeiro derbi do ano ante o Pío XII

tito250_081009.jpgVILAGARCÍA> Estivemos con Tito Díaz para analizar o que será o primeiro derbi galego deste ano na LF2. O Pío XII de Santiago visita este sábado Fontecarmoa nun partido entre dous equipos que comparten obxectivo esta temporada: meterse en fase de ascenso.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_081009.flv{/flowplayer} 

Tralo traspés da semana pasada en Bembibre o Extrugasa afronta este sábado o primeiro derbi do ano ante o Pío XII. Un duelo que quizáis chega demasiado cedo para os intereses das vilagarciáns, aínda en fase de acoplamento neste inicio ligueiro. Tito Díaz admite dificultades á hora de collerlle a medida á nova categoría.

O ano pasado podían traballar con video para estudiar ás rivais. Algo que tamén se fai na LF2, aínda que de momento a seriedade dos equipos á hora de ceder as imaxes dos partidos brilla pola súa ausencia. Con todo coñece os puntos fortes do seu rival do sábado.

Por iso unha victoria do Extrugasa pasará por impoñer un ritmo de xogo alto, baseado na velocidade e no risco.

Extrugasa e Pío XII non se enfrontaron na pretemporada polo que non hai referencias claras para dar un favorito. As nove xogadoras que conforman o plantel están en perfectas condicións para afronta-lo choque deste sábado que dará comezo ás 19:30.

Redacción Salnés