Comuneiros de Boiro piden a Calizamar que non os culpe do peche

    pechecalizamarcomuneiros_100_07102009.jpgBOIRO>  Os únicos responsables son os responsables da empresa por incumprir reiteradamente a normativa medioambiental.

    Os voceiros das Comunidades de Montes de Boiro, Comoxo, Bermo, Sandrenzo, Treites e Runs sairon a palestra para defender a súa postura no polémico peche de Calizamar.

    Creen que dende a empresa están botando balóns fóra tratando de culpabilizar ao concello, aos veciños e os comuneiros do cese da actividade empresarial e da perda de postos de traballo cando, en realidade, a única responsable é a propia empresa por non solventar os malos cheiros que produce a factoría.

    {flowplayer}barbanza/pechecalizamarcomuneiros.flv{/flowplayer}

    Os comuneiros aseguran que tiveron moita paciencia ao soportar a situación dos malos cheiros durante máis de cinco anos. En troques, por parte dos responsables da empresa tan so recibiron promesas incumpridas.

    Pasividade das Administracións

    Os comuneiros tamén criticaron a actitude das administracións responsables en materia medioambiental pola pasividade perante os constantes incumprimentos da normativa por parte de Calizamar. Malia os numerosos informes existentes, máis de trescentos nos últimos sete anos, que constantan a existencia de vertidos ao río Coroño, cheiros constantes, e acumulación indebida de cuncha no interior do recinto, a factoría continuou coa súa actividade.

    Dende estas asociacións reiteraron que non están en contra da creación desta clase de empresas, pero sempre e cando respecten a lei vixente e non supoñan un prexuicio para a saúde e benestar dos cidadáns.

    Redacción Barbanza