BNG e Independentes de Catoira críticos co apoio do PP ós orzamentos

    CATOIRA > Os orzamentos para 2007 do Concello de Catoira  non están exentos de polémica. Tanto Independentes coma o Bloque Nacionalista non se amosan satisfeitos coas contas presentadas polo alcalde Alberto García e son moi críticos polo apoio outorgado polos populares para a súa aprobación no pleno celebrado o luns.

    Esta é a terceira ocasión que os socialistas de Catoira sacan adiante os orzamentos anuais co apoio do grupo popular. Independentes de Catoira e Bloque Nacionalista Galego son críticos co que cualifican de relación estrana que non se da en ningún concello do Estado.

    Tanto independentes coma nacionalistas critican ademais que Alberto García non tivera convocado á oposición para debater os orzamentos, un motivo xa de por si, para votar en contra segundo eles.

    Aínda que ambos grupos coinciden en que os orzamentos si son altos non deixan de recoñecer que hai algunhas actuacións que se repiten en relación ós orzamentos doutros anos e que hai determinadas partidas que xestionarían doutra maneira.

    Redacción Salnés