Fomento afirma que as obras do AVE sobre o Ulla non terán impacto

    ponte_rio_ulla_copia100.jpgPONTEVEDRA> O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, reuniuse cos representantes das Confrarías da Ría de Arousa e da Asociación de Parquistas de Carril.

    {flowplayer}images/salnes/ponte_rio_ulla.flv{/flowplayer} 

    Segundo cara a cara do Ministerio de Fomento coas confrarías. Nesta ocasión acudiron, por primeira vez, a asociación de Parquistas de Carril. Técnicos do Ministerio de José Blanco, estiveron presentes na reunión para explicalas confrarías e ós parquistas como vanse a desenvolvelas obras da ponte.

    O subdelegado do Goberno en Galicia, Delfín Fernández Álvarez tranquilizou ás asociacións e afirmou que as obras no terán impacto sobre as augas e o areal arousán.

     Dende o sector extractivo piden responsabilidade a Fomento para evitar posibles incidentes. O presidente dos parquistas, José Luís Villanueva, señalou a importante dependencia económica que teñen destes bancos.

     Para o estudo medioambiental, membros das universidades de Vigo e Barcelona están a facer unha análise das obras para asegurarse de que non se produza ningunha catástrofe no mar.

    Redacción Salnés