Os Concelleiros de Urbanismo manterán reunións periódicas

    urbanismo_copia100.jpgPONTEVEDRA> Esta mañá, celebrouse a primeira reunión de Concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas.

    {flowplayer}images/salnes/URBANISMO.flv{/flowplayer} 

    O encontro, nacido da iniciativa das Concelleiras de Ourense e Santiago, desenvolveuse baixo gran expectación mediática. Os sete concelleiros de urbanismo, reuníronse para planificar as novas actuacións urbanísticas dos seus respectivos concellos. Os implicados, declararon que foi un encontro fructífero. Están de acordo na elaboración unha nova lei de urbanismo para Galicia que vaia máis alá das constantes modificacións deste texto. A tenente de alcalde de Pontevedra e Concelleira de Urbanismo, Teresa Casal, afirmou que os continuos cambios de lexislación por parte da Xunta retrasan tódolos proxectos.

    Os concellos de Pontevedra, Vigo, Santiago, Lugo, A Coruña, Ourense e Ferrol esperan conseguila colaboración da Xunta de Galicia para redactar o texto, independentemente da cor política.

    Os responsables municipais decidiron que este tipo de reunións sectoriais terán continuidade co ánimo de estudar os intereses comúns das cidades.

     Redacción Salnés