O restaurante barcelonés ‘7 Portes’ faise co ‘Lola Torres’ de Gastronomía

    lola_torres_100_071009.jpgO GROVE> O galardón recoñece a traxectoria e excelencia culinaria de establecementos hostaleiros de toda España.

    {flowplayer}images/salnes/071009_LOLA_TORRES.flv{/flowplayer}

    Falar do Premio Nacional de Gastronomía Tradicional é falar de Lola Torres, unha grovense que dedicou toda a súa vida á cociña mariñeira. Fíxoo na súa terra, no Grove, tralos fogóns do restaurante Finisterre. Agora, a súa boa sona da nome a este galardón co que se recoñece a traxectoria e excelencia culinaria de restaurantes de toda España. Este ano, a oitava edición, o premiado resultou ‘7 Portes’, un establecemento de Barcelona con 150 anos de historia. O xurado valorou a súa longa traxectoria e o seu bo facer á hora de combinar receitas de tradición catalá con toques innovadores.

    Cada ano, o xurado da a coñecer ó gañador deste premio coincidindo coa celebración da Festa do Marisco, dous eventos gastronómicos que se complementan, xa que ademais de gabar a cociña tradicional, serven como plataforma turística.

    Das 78 candidaturas ó Premio Lola Torres, dúas foron desestimadas por non cumprir cun dos requisitos: contar con máis de 25 anos de historia. Tamén quedaron fóra da convocatoria tres restaurantes de Portugal, xa que o Premio ten só carácter nacional. Precisamente por isto, o xornalista e voceiro da Fundación Amigos de Galicia, Luís Rial, aproveitou a lectura do fallo para suxerir que o ano que vén este galardón se amplíe a nivel internacional. A entrega do Premio Lola Torres os representantes do restaurante Sete Portes terá lugar o vindeiro mes de abril no Centro Superior de Hostalería de Galicia en Santiago.

    Redacción Salnés