RIBEIRA> O conservatorio de Aguiño acolleu a pasada tarde a presentación da terceira edición do proxecto Remar promovido pola asociación AMICOS. No marco destas actividades ambientais prevén mobilizar a máis de set mil persoas e retirar ó redor de dous mil quilos de residuos mariños.
Este proxecto de custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido do Arco Atlántico partiu da asociación AMICOS que leva anos desenvolvendo traballos de voluntariado ambiental na contorna das Illas Atlánticas. Coa posta en marcha de Remar, que cada este ano a súa terceira edición, pretenden involucrar a outros moitos axentes como o sector pesqueiro, os escolares ou as empresas nas diferentes actividades enmarcadas no programa como accións formativas, talleres de sensibilización e xornadas de limpeza nas costas do Arco Atlántico Galego.
Ó longo destas tres edicións, o proxecto contou coa colaboración da Fundación Biodiversidade, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica.
As diferentes accións iniciáronse e prolongaranse ata o mes de setembro. Dende Amicos agardan acadar o mesmo éxito que nas anteriores edicións.