Rianxo acometerá melloras en diversos viais das parroquias

RIANXO> Na súa aposta pola mellora dos accesos ós núcleos nas diferentes parroquias do Concello, o executivo rianxeiro vén de adxudicar unha nova actuación en materia de pavimentación.

Neste caso trátase do acondicionamento e mellora do vial que une os núcleos do Burato e Fachán, na parroquia de Taragoña, por un importe que supera os 42 mil euros.

Seguindo esta mesma liña, o Concello sacou tamén a licitación, por un importe de preto dos 48 mil euros, a mellora da pista que discorre entre Cerqueiras e Campelo, na parroquia do Araño.

A actuación irá con cargo as axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural correspondentes ó Plan de mellora de camiños municipais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí