A reforma do pavillón de Fontecarmoa rematará en xullo

VILAGARCÍA> A reforma do pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, encaran a súa recta final. As obras superaron xa a súa fase máis complexa, co cambio de cuberta e a reparación da estrutura. Nestes momentos 30 operarios traballan no acondicionamento do interior, que inclúe tamén a reforma dos vestiarios e o ximnasio. Malia os contratempos e os retrasos acumulados, calculan que os traballos estarán rematados no vindeiro mes de xullo.

Se todo vai segundo o previsto, a reforma do pavillón de Fontecarmoa, en Vilagarcía, será unha realidade no próximo mes de xullo. Unha vez superadas as dificultades, que fixeron que os prazos se dilatasen, os traballos encaran a súa recta final.

Esta mañá, o alcalde fixo unha visita a estas instalacións. Varela destaca o esforzo económico que se está facendo para un dos principais escenarios deportivos da cidade.

Ademais da reparación da estrutura, do cambio da cuberta e da mellora da envolvente, no proxecto inclúese o acondicionamento do interior, incluíndo novos vestiarios e ximnasio. O rexedor aproveita para avanzar outras melloras noutras instalacións deportivas de Vilagarcía.

Ademais, nestes momentos xa está en marcha a reforma do Manuel Jiménez, onde se está renovando o céspede artificial.