Apaixoante xornada de fútbol en Terceira e Prefente

futbol100vid_110108_001.jpgSALNÉS > Céltiga e Portonovo buscarán a victoria para afastarse do descenso. En Preferente, o Ribadumia recibe ó lider Gran Peña.

Complicada saída do Vilalonga este domingo, para enfrontarse co segundo clasificado, o Cidade de Santiago. Josiño Abalde seguirá sen poder contar con Caco, por problemas de pubis, Saúl, por unha contractura e Lozano sancionado, polo que se queda sen laterais naturais. O Cidade leva cinco semanas sen gañar e podería ser unha boa ocasión para que o Vilalonga siga crecendo coma equipo fóra da casa.

O Arousa pola súa banda recibe ó Rápido de Bouzas. Duelo de equipos en metade da táboa. O que gañe irase co grupo de arriba; o que perda, pode meterse en problemas. Será na Lomba ás 16:30.

Tamén xoga na casa o Portonovo, que recibe ó Pontevedra B. Esta semana houbo movemento en Baltar; marchouse cedido Chiño ó Unión do Grove e chegou o media punta Baptiste. Pola súa banda o filial pontevedrés ven de perder na última xornada ante o Arousa e complicaríase a vida se cae co Portonovo.

O Céltiga rinde visita ó complicado Alondras, quinto na táboa e que leva sen perder sete semanas. Manuel Núñez recupera a Manuel e Rubén Balán; Sierra, Edgar e Fran son dúbida, aqueixados de procesos gripais, mentres que Cholo non estará seguro por sanción.

Se interesante está a xornada en terceira, unha categoría por debaixo tamén. O Ribadumia, terceiro na táboa, recibe ó líder Gran Peña. Na Senra non se quere oir falar do ascenso e prefírese ir partido a partido, pero este encontro é daqueles que pode marcar o destino dun equipo. O técnico Ricardo, non contará con Javi e Luis Carro por sación e serán dúbida Juanjo e Pablo.

Por último, o Unión de O Grove xoga tamén o domingo e ás 16:15 en Porriño, coa aínda presente polémica do encontro ante o Arenteiro e a alineación indebida. Unha derrota metería en problemas ó equipo meco.

{flowplayer}images/salnes/futbol110108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés