![]()
VILANOVA> Tras dez anos como concelleiro, Ricardo Nogueira deixa o seu posto para tomarse un descanso na actividade política. O seu lugar ocuparao a partir de novembro Ricardo Rodríguez.
{flowplayer}images/salnes/bngvilanova_081009.flv{/flowplayer}
Ricardo Nogueira deixa o BNG de Vilanova. Se ben seguirá ligado á actividade política dun xeito secundario o edil renuncia á súa acta de concelleiro, labor que agora asumirá Ricardo Rodríguez. Nogueira formou parte do grupo munipal do BNG dende 1999, concurrindo ás eleccións municipais sempre como número 2. Tras todo este tempo, di sentirse canso.
A portavoz do grupo municipal nacionalista, Carmela Alfonso, desfíxose en eloxios tanto con Nogueira como co seu sucersor.
Pola súa parte, Ricardo Rodríguez afirmou que a súa intención é darlle continuidade ó traballo realizado durante estes anos por Nogueira, pero con folgos renovados.
Ricardo Nogueira amosou tamén o seu agradecemento ós compañieros das tres corporacións das que formou parte, así como lamentou que en todo este tempo non se puxera en marcha na vila un plan de ordenacion municipal.
Redacción Salnés





