Ana Granja presenta un programa electoral baseado na proximidade e atención á veciñanza de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Ana Granja promete proximidade e atención aos veciños no seu proxecto electoral. A candidata do Partido Popular xunto co seu equipo percorreron as rúas da vila para escoitar os problemas da veciñanza. Entre o seu programa atópanse proxectos como un concelleiro do rural, aumentar o investimento nas parroquias, apoiar aos emprendedores ou construír máis aparcadoiros disuasorios.   

A candidata do Partido Popular en Vilagarcía xunto co seu equipo e o presidente provincial da formación percorreron este martes as rúas da vila para mostrar o seu proxecto electoral á veciñanza. Precisamente, esta proximidade é o eixo principal do programa electoral da popular, que avoga por un goberno municipal que escoite os problemas da veciñanza e non que viva de costas a el, como critica que fai o goberno de Alberto Varela.

Dende o Partido Provincial mostran toda a súa confianza en Ana Granja e no seu equipo.

Os populares tamén aseguran que o seu partido se cumprirá por completo, criticando que o goberno actual promete máis do que cumpre.

Os populares defenden que Ana Granja e o seu equipo son a mellor opción para que Vilagarcía avance e o faga na dirección que queren os veciños. Tamén para unha Vilagarcía que creza no seu conxunto sen deixar de lado ás parroquias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí