Antón Louro visitou as obras de reforma do cuartel de Noia

antonlouronoia_100_081009.jpgNOIA> O delegado do Goberno en Galicia inspeccionou as obras dos nove proxectos incluídos no Plan E que se están a executar neste municipio.

{flowplayer}barbanza/antonlouronoia.flv{/flowplayer}

Acompañado do alcalde de Noia, Rafael García, o delegado do Goberno en Galicia comprobou a marcha dos traballos de execución do proxecto de reforma do cuartel da Garda Civil, incluido no Plan E por parte do Ministerio do Interior e orzamentado en preto de seiscentos mil euros.

As obras, que se iniciaron en abril do pasado ano, consisten na construción dun novo edificio en terreos anexos ao cuartel que albergará tres calabozos, dependencias de intervención de armas e varios despachos. O seu remate está previsto en abril de 2010. 

Louro Goyanes tamén aludiu ós nove proxectos que Noia financia a través do Plan Anticrise do goberno central e que contan cun investimento de dous millóns seiscentos mil euros, dos cales, dixo o delegado, o Ministerio de Política Territorial xa transferiu ao concello un setenta por cento.

Creación de emprego

Antón Louro subliñou que a execución destes proxectos permitiron crear noventa e cinco empregos e levar a cabo actuacións demandadas polos os cidadáns.

O delegado do goberno tamén se referiu a dúas actuacións no bordo litoral: o proxecto de rexeneración medioambiental da praia de Testal, que se atopa en fase de redacción e a retirada do dique da ría, que se comezará a executar a principios do vindeiro ano.

Redacción Barbanza