O BNG de Boiro demanda melloras no sistema de recollida do lixo

BOIRO> Non é unha demanda nova senón que o BNG de Boiro leva anos reclamando a mellora do servizo de limpeza e recollida do lixo. Cada verán, din, increméntase notablemente a poboación pero non o servizo polo que é frecuente ver os contedores cheos de lixo, coas desagradables consecuencias que provoca. Piden tamén que se proceda a realizar un mellor mantemento dos contedores, tanto no que se refire a reparación como limpeza e hixiene.