A Festa do Marisco deixa a ocupación hoteleira no 100%

    festa_do_marisco_copia100.jpgO GROVE> A Festa do Marisco chega á súa recta final cuns datos que melloran ós do ano pasado, pese á crise.

     {flowplayer}images/salnes/FESTA_DO_MARISCO.flv{/flowplayer}

    A Festa do Marisco continúa a ser un dos eventos de referencia de Galicia. As cifras falan por si soas. Nas seis primeiras xornadas da Festa, vendeuse más de 60.000 racións e recadáronse máis de 300.000 euros. O alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos está moi orgulloso de como se está a desenvolvela festa.

    Ante a previsión de gran afluencia de público durante a fin de semana, o Concello, igual que nas anteriores ocasións, porá en marcha un servizo de microbuses dende A Lanzada ata a estación de Autobuses.

    Á festa chegan persoas de tódolos puntos de España. Cacabelos mostrouse encantado coa presenza destes embaixadores que logo fan publicidade na súa terra. Madrid, Valladolid, País Vasco e ata Australia teñen representación en O Grove.

     A disfrutala festa e a comer marisco.

     Redacción Salnés