O concello de Noia e a Xunta asinan o convenio que permitirá a construción do novo centro de saúde

NOIA> Día histórico para Noia. Así cualificaba o rexedor Santiago Freire a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello e a consellería de Sanidade que posibilitará a construción dun novo centro de saúde para a localidade. Unha vella reivindicación que agora será logo unha realidade.

O conselleiro de Sanidade fixo referencia a que a o de Noia será i primeiro centro de saúde da provincia da Coruña da Fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Estará situado nunha parcela de titularidade municipal en san Lázaro, duplicando a superficie do actual.

Segundo el será un edificio de uso exclusivo sanitario, no que ademais da capacidade se mellorarán os servizos a prestar ós veciños, incluíndo unha consulta de hixienista dental e ampliación da área pediátrica, entre outras.

Unha vez asinado este protocolo, o seguinte paso será sacar a licitación as obras, un proceso que levará xa varios meses.

A intención da Xunta pasa por que poida estar operativo o máis axiña posible, o que permitirá de deixar de empregar as actuais instalacións da casa do mar, un edificio xa antigo, con máis de 25 anos, que presenta a día de hoxe innumerables carencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí