A Xunta promociona o marisco galego en O Grove

    quintana_copia100.jpgO GROVE> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a Festa do Marisco en O Grove para impulsar a calidade dos produtos galegos.

     {flowplayer}images/salnes/ROSA_QUINTANA.flv{/flowplayer}

    Rosa Quintana percorreu todo o recinto feiral da Festa do Marisco acompañada dos membros da corporación municipal. Fronte ó centos de visitantes, a Conselleira do Mar, deu un discurso no que enxalzaba a gastronomía galega. Quintana puxo a Festa do Marisco de O Grove como exemplo de saber vender e publicitar o noso marisco, dentro e fóra das nosas fronteiras.

    O alcalde da localidade costeira, José Antonio Cacabelos, mostrouse moi contento coa presenza da titular de Mar, que definiu como positiva para engrandecela Festa.

    Despois do paseo, a Conselleira e a corporación municipal xunto cos xornalistas, degustaron os produtos da nosa terra. Quintana destacou que tódolos pratos estaban deliciosos pero que lle costaba decidir cal era o que máis lle gustaba.

     A titular de Mar felicitou ós organizadores da Festa do Marisco por exercer de embaixadores de Galicia polo mundo.

    Redacción Salnés