O Diario de Arousa entrega os Arousáns do Ano

    arousans_ano100_copia.jpgVILAGARCÍA> O xornal Diario de Arousa celebrou o seu IX aniversario cunha nova entrega dos premios Arousáns do Ano.

    {flowplayer}images/salnes/premios_diario_arousa.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O xornal Diario de Arousa celebrou esta fin de semana o seu noveno aniversario cunha nova entrega dos premios Arousáns do Ano.

    A gala celebrouse nun ateigado auditorio de Vilagarcía, no que estiveron representantes da política, a cultura e da sociedade. Foi este un aniversario ademais solidario. A iniciativa do periódico lévanse xa recollidas máis de sete toneladas de alimentos para os máis necesitados.

    A Festa do Tinto do Salnés foi o primeiro recoñecemento da noite e o premio foi recollido pola alcaldesa de Ribadumia. Na categoría de igualdade, o Arousán do Ano recaeu na Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas do Salnés. Tamén se recoñeceu a labor no eido medio ambiental desenvolvida polo colectivo O Fervedoiro, de Cuntis. O empresario boirense Juan José Fajardo, foi recoñecido polo seu empeño en sacar adiante a cordelería JJ Chicolino, logo de ser arrasada por un incendio o pasado ano.

    No eido deportivo os Arousáns do Ano foron para o taekwondista do Club Olimpic Raúl Bouzas, o equipo de vela do Liceo Casino na modalidade Platú 25, o Vilagarcía, e tamén o Club de Remo Vilaxoán, todos eles campións de España nas súas categorías. Outro premios foi para a asociación O Faiado da Memoria, creada en 2009 para recuperar a historia de Vilagarcía. Tamén recibiron o Arousán do Ano, a asociación Virxe da Saúde de Valga, o Centro de Educación Especial de Vilagarcía e o Club de Leones tamén desta vila.

    O aplauso máis emotivo foi para o arousán de Honra, concecido a título póstumo a José Luís Sánchez Agustino, fundador da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla. A gala contou ademais coas actuacións do monologuista Pepo Suevos, da compañía de danza de Pablo Méndez e do grupo Cómplices.

    Redacción Salnés