Nova visita de Don Xoan Carlos a Sanxenxo

    SANXENXO> Nova visita do Rei emérito a Sanxenxo. Don Xoan Carlos despazouse ata o concello para apoiar as actividades do Centro Nacional de Vela Adaptada da Fundación Mapfre. O primeiro curso contou con preto de 40 alumnos con diferentes discapacidades, que hoxe agradeceron a súa presenza ao monarca.

    Don Xoan Carlos volve visitar a comarca de O Salnés. O rei emérito pasará esta fin de semana en Sanxenxo para participar no primeiro Trofeo InterRías da clase 6metros, e non ocultou o seu gusto por Galicia.

    Aínda que as súas visitas non adoitan anunciarse, esta si formou parte da súa axenda oficial. E é que o monarca aproveitou o seu paso por Sanxenxo para amosar o seu apoio ao Centro Nacional de Vela Adaptada Fundación Mapfre, que esta semana realizou un curso para preto de 40 alumnos con diferentes discapacidades.

    Trala foto de familia, Don Xoan Carlos saíu a navegar coa flota dos barcos clásicos, nos que tamén ían varios alumnos deste curso.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/17/visita_rei_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/17/visita_rei_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí