PSOE e BNG esixen que se normalice o servizo de transporte sanitario

    bngtransportesanitario_100_131009.jpgBARBANZA> Segue a aumentar o número de afectados polos recortes no servizo de transporte sanitario non urxente.

    {flowplayer}barbanza/bngtransportesanitario.flv{/flowplayer}

    O conflito entre o Sergas e a empresa concesionaria do transporte sanitario non urxente, EGARA, está a pasarlle factura a moitos barbanzáns que dependen dunha ambulancia para acudir ás consultas.

    Dende a pasada semana, cando a empresa decidiu cumprir estrictamente o establecido no contrato, son moitísimos os pacientes que perderon as súas citas médicas ó carecer de transporte para desprazarse. Outros tiveron que recorrer a familiares e achegados para que os levaran ó hospital coas consecuentes molestias.

    Queixas

    Ante esta situación, xa se teñen presentado máis de corenta queixas ante a Dirección Provincial do SERGAS. Lonxe de solucionarse, a situación vai de mal en peor xa que o centro comarcal do Barbanza está a rexistrasr anulacións de consultas e problemas na xestión das urxencias e traslados ó hospital Clínico.

    Responsabilidades

    Os grupos da oposición xa tomaron cartas no asunto e solicitaron a comparecencia da Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, en sesión parlamentaria. Dende o BNG critican a política de recortes nos servizos públicos que está a desenvolver o goberno popular e esixen que se restitua o servizo de ambulancias que ata o de agora viña cubrindo un ámbito moi importante no sistema sanitario.

    Redacción Barbanza