O executivo boirense abrirá a vindeira semana o comedor social

    BOIRO> A medida irá, que irá con cargo ó fondo de emerxencia municipal, beneficiará a uns 27 rapaces de idade comprendidas entre os catro e os catorce anos. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, acompañado da edil de Servizos Sociais, Beatriz Deus, anunciaba esta mesma tarde a medida que vén de impulsar o equipo de goberno de cara a garantir que un total de 27 menores, de idades comprendidas entre os catro e os catorce anos, cuxas familias están a pasar por serias dificultades económicas poidan ter atendida, polo menos, unha comida ó día. A iniciativa realizarase a través da posta en marcha dun comedor social que entrará en funcionamento o próximo martes con cargo ó fondo de emerxencia social, dotado cuns 20 mil euros, posibilitando a contratación dunha empresa de catering. O comedor estará en servizo durante o verán, alomenos por un período de dous meses. Ademais o concello encargarase de xestionar os medios de transporte necesarios para tratar de desprazar ós nenos ata o servizo de restaurante. Na iniciativa tamén colaborarán exdirectivos de Caritas e voluntarios de Cruz Vermella.