A Liga Galega de Traíñas chega este sábado ó Barbanza coa disputa da XIV Bandeira Concello da Pobra

POBRA>  Na competición tomarán parte as once tripulacións que integran este ano a LGT A.

A regata, cuxo inicio está prevista para as seis da tarde, é a terceira proba puntuable da Liga Galega de Traíñas A. Nela tomarán parte os once clubs que integran este ano a competición máis importante a nivel galego, na que non estará o equipo anfitrión.

Ares parte coma favorito, aínda que non se pode descartan a ningunha das cinco embarcacións que comandan a clasificación xeral, polo que se prevé unha regata moi igualada.A pesar de non participar con equipo nesta LGT A, o Concello decidiu seguir apostando por esta bandeira.

A proba na dársena pobrense é unha das máis espectaculares dentro do calendario desta competición, a seis longos en vez dos catro tradicionais. Nela repartiranse uns nove mil euros en premios.