Concello e Deputación colaboran na recuperación de Monte do Castro

    monte_do_castro100.jpgRIBADUMIA> Concello e Deputación colaborarán na recuperación dos xacementos arqueolóxicos do Monte do Castro.

    {flowplayer}images/salnes/monte_do_castro.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Os xacementos do Monte do Castro datan dos séculos cuarto ou quinto, na Idade de Ferro. Logo da sinatura do convenio entre Concello e Deputación, recuperarase esta importante parte do patrimonio cultural.

    Farase dentro do Proxecto Pousadas, con co- financiamento FEDER, e nuns seis meses o Castro verá a luz. Primeiro hai que limpar, talar piñeiros, sondear e documentar o xacemento, para, na derradeira fase, realizar a escavación e musealización do mesmo.

    A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, resalta o valor turístico e histórico do Castro. Amais, na zona construirase unha pousada e rutas de sendeirismo. Para o Concello de Ribadumia, é prioritario recuperar espazos naturais e convertelos en lugares de lecer.

    A Deputación investirá o corenta e cinco por cento dun presuposto máis ambicioso que contempla outra actuación na Lanzada.

    Redacción Salnés