O IES de Vilalonga recibe unha axuda para ampliar e mellora-la biblioteca

    bibliotecaiesvilalonga_100_070207.jpgSANXENXO > Grazas á axuda da Xunta, a dirección do instituto está a poñer en marcha un intenso programa de actividades.

    Ademais da axuda de Educación, dalgo máis de sete mil euros, o Instituto de Vilalonga tamén forma parte do Plan Meiga, da Consellería de Cultura. Dúas iniciativas que permitirán cambiar totalmente esta aula para atraer ó maior número de alumnos posible.

    Segundo a responsable da biblioteca, Elisa Rey, preténdese converter esta aula nun lugar de ocio, ademais de traballo. Dentro do proxecto presentado polo instituto, está a organización de exposicións, como unha sobre jazz que se pode ver estes días e outra permanente sobre banda deseñada. Tamén se inclúe un corredor de traballo con xornais e diccionarios, un rincón da música e outro para visionado de películas. Deste xeito preténdese converter a biblioteca nalgo máis que un lugar de traballo.

    E para habituar ós alumnos a utilizala, os mestres organizan diversas actividades, como clases de apoio varios días á semana nas que se axuda ós nenos con máis dificultades na súa labor académica.

    Redacción Salnés