![]()
SALNÉS> A balanza desnivelouse do lado dos conxuntos do Salnés en dous partidos moi igualados. Venceu o Extrugasa ó Pío XII e tamén o fixo o Establecimientos Otero, no debut de Nate Bowie que foi o gran artífice da victoria dos cambadeses.
Nate Bowie foi o gran protagonista do triunfo do Xuven de Cambados ante o Universidade de Oviedo (80-75). A aportación do base norteamericano foi decisiva, sobre todo porque apareceu e acertou nos momentos complicados. 16 puntos, 3 rebotes, e 2 asistencias para un total de 19 valoración non son unha mala carta de presentación tendo en conta que leva pouco máis dunha semana ás ordes de Diego Doval.
Os cambadeses non estiveron finos dureante boa parte do encontro. A igualdade foi a tónica dominante na primeira metade pese a que o Xuven sempre foi por enriba no marcador. O terceiro cuarto semellaba decisivo cando se ataron os machos en defensa e machacaron ó aro rival. Chegaron a dispoñer dunha renta de 20 puntos. Ahí apareceu a relaxación e deixaron que os asturainos se achegasen a catro a falta dun minuto, momento no que xurdíu Bowie e deixou a victoria na casa.
Por poñerlle un ‘pero’ ó equipo, os 30 puntos encaixados no derradeiro acto. Pese a iso suman tres victorias en catro partidos, un excelente balance que os coloca na parte alta da táboa.
Mentres, na LF2 o Extrugasa desquitouse da derrota de Bembibre e colleu folgos e moral impoñéndose a un rival directo por meterse na fase de ascense, o Pío XII (66-55). As vilagarciáns dominaron con escasas rentas todo o partido agás o segundo cuarto no que as santiaguesas finalizaron dous arriba (28-30).
As faltas tempraneiras de Christina Quaye condicionaron o xogo interior das de Tito Díaz, que souberon suplir esa baixa forzada cunha gran defensa colectiva. A dirección de Gilabert, que foi a máxima anotadora do encontro con 20 puntos, e as penetracións de Ylenia Manzanares, que aportou 15 tantos, decidiron o choque a favor do Extrugasa, que esta vez sí, estivo acertado nun final apretado.
Redacción Salnés







