O Est. Otero debuta con victoria na División de Honra

tenisdemsa250_141009.jpgSALNÉS> Comezaron as ligas nacionais no tenis de mesa, coa participación na División de Honra masulina do Establecimientos Otero. Os cambadeses comezaron con bo pé e pasaron por enriba do seu primeiro rival, o Club do Mar A Coruña.

O Establecimientos Otero acadou unha gran victoria no seu debut na División de Honra masculina. Os cambadeses tiraron de experiencia e da calidade que lles servíu o ano pasado para meterse na fase de ascenso e non tiveron piedade do Club do Mar A Coruña, ó que lle endodaron un contundente 5-1.

Gran partido en xeral de todo o equipo no que destacou a regularidade de tódolos xogadores e a victoria de Eduardo Barreiro ante o chino Zhao Quiang por 3-1. Liu Junhui sumou dous puntos, Adrián Vidal un, e o propio Barreiro fixo os outros dous. Os seus próximos compromisos serán en Cataluña nun desprazamento dobre no que se enfrontarán a Borges e Igualada.

Na Primeira Nacional masculina repetiuse o mesmo resultado, 5-1 con victoria para o Caixanova Cambados sobre o Cidade de Narón. Alexis Tovar e Ñajo Padín fixeron dous puntos cada un, e Fernando Padín sumou outro, pese a que caeu no seu encontro ante o rumano Radulescu. O equipo demostrou un gran nivel en xeral ante un rival nada sinxelo.

Na Primeira Femenina non foron tan ben as cousas coa derrota do Caixa Galicia ante o Dubratambre por 5-1. O único punto das cambadesas fíxoo Gema Cores. Ben é certo que o rival que tiñan enfronte é o gran favorito ó título.

Na Primeira Galega déronse resultados dispares. Victorias do Grupo Barros por 3-4 ante o Ferretería Vincios e Joyería Enrique e derrota polo mesmo resultado de Charol Complemetos ante Galmedica.

Redacción Salnés