Preto de 750 deportistas competirán na nova cita co tríatlon

> O tríatlon volverá invadir Pontevedra. Esta fin de semana a cidade acollerá o Campionato de España por Clubes, no que participarán ata 750 deportistas nas diferentes categorías. Un ano máis, Pontevedra non falta á súa cita anual con este deporte. Esta fin de semana Pontevedra volverá deixarse invadir polo triatlón de máis alto nivel. A cidade acollerá o Campionato de España por Clubes, no que participarán ao redor de 750 deportistas. O sábado celebrarase a competición da categoría de promoción, ademáis dunha proba popular. O domingo, pola súa banda, será a quenda da competición de elite, coas primeiras e segundas divisións masculina e feminina. O circuito para o ciclismo pasará por Rafael Areses, a Avenida de Compostela, o Campus e a Avenida de Bos Aires. A suba cara Monte Porreiro será a zona para a proba a pé. Cada un dos equipos participantes contará cun mínimo de 8 deportistas e un máximo de dez. O Motobike Galaico na proba de promoción feminina é o único club pontevedrés inscrito. Así as cousas Pablo Dapena, co Cidade de Lugo), ou Carmen Gómez, co Triatlón Ferrol, serán outros locais que participarán na competición.