Nai e filla resultan intoxicadas pola mala combustión dun quentador

    susana100_250108_001_copy.jpgCAMBADOS > Unha muller e a súa filla resultaron intoxicadas esta madrugada na súa casa na rúa Albariño

    {flowplayer}images/salnes/escapegas.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Unha muller e a súa filla resultaron intoxicadas esta madrugada na súa casa na rúa Albariño en Cambados por mor dunha mala combustión do quentador da auga. Non se decataron da incidencia ata que comezaron a notar os efectos do gas que lles ocasionou fortes dores de cabeza, esvaecementos e náuseas. Nai e filla pasaron toda a noite no Hospital do Salnés conectadas a unha bombona de osíxeno e arestora atópanse fora de perigo. 

    As molestias de tódolos días, nesta quenda non tiñan nada que ver co que estaba acontecer. Susana chegou ás 11 da noite ás súa casa e despois de cear deitouse e foi precisamente neses intres comezou a sentir os síntomas propios da intoxicación de gas: mareos e perdida da consciencia, síntomas que confundía coas súas habituais dores de cervicais. Grazas á súa filla descubriron cal era o motivo real do malestar

    O incidente foi de gran relevancia xa que tanto nai e filla como o resto da familia estiveron respirando o gas durante aproximadamente 4 horas ata que alertaron ó servizo do 061 que trasladou ás afectadas ó centro de Saúde de Cambado e posteriormente ó Hospital do Salnés onde inmediatamente lles conectaron osíxeno.

    Un susto que lles puido custa-la vida Agora pasados os nervios , para Susana o máis importante e podelo contar.

    Redacción Salnés