Leopoldo Abadía: ‘Esta é a peor crise da historia. Tardaremos en saír’

    administradores_copia100.jpgSANXENXO> Punto final ó Congreso Nacional de Administradores de Fincas. O último día tratáronse temas tan importantes como a lei Omnibus e sobre a Economía Anticrise, ponencia na que participou o profesor Leopoldo Abadía.

    {flowplayer}images/salnes/CONGRESO_ADMINITRADORES_FINCAS.flv{/flowplayer}

     A xornada final iniciouse cunha puntualidade británica. As dez de mañá deuse o pistoletazo de saída ás ponencias, comezando coa que trataba sobre a lei omnibus. Juan Carlos Estévez Fernández e o xuíz decano de Santiago, Javier Míguez, apuntaron importantes informacións sobre esta lexislación que entrou en vigor no 2009. Unha hora máis tarde, iniciouse a exposición sobre economía anticrise na que participou o profesor Leopoldo Abadía que logrou captar a atención e admiración dun aforo completo do salón magno do Palacio de Congresos. Durante a súa intervención Abadía asegurou que esta é a peor crise económica da historia, peor aínda que o crack do 29.

    O profesor sinalou que España corre maior perigo económico que Grecia. O estado español ten unha débeda de 1,1 trillón de dólares, segundo os datos do 1 de maio.

    Leopoldo Abadía afirmou non só está nas mans dos políticos saír da crise, senón tamén dos bancos e dos empresarios, que van permitir unha redución das grandes taxas de paro en España.

    Abadía sinalou que as administracións actuaron tarde tendo acceso a datos tan malos e pon de exemplo as palabras de José Blanco afirmando que non sabían que a crise ía ser tan grande.

    Ante as preguntas de cando sairemos da crise, Abadía afirmou que non se sabe; que se verá cando durante dous trimestres descenda o número de paro. Sen embargo, puntualiza que cree que vai aumentar.

     O próximo congreso nacional de administradores de fincas, celebrarase en 2012 na cidade de Valencia.

     Redacción Salnés