Porto do Son avanza cara un gran complexo medioambiental

arearecreativason_100_141009.jpgPORTO DO SON> O concello de Porto do Son contará cunha renovada área recreativa na zona de Alboreda, na parroquia de San Pedro de Muro.

{flowplayer}barbanza/arearecreativason.flv{/flowplayer}

Na actualidade xa se procedeu ós labores de desbroce na zona, onde xa medran os castiñeiros prantados o pasado ano pola comunidade de montes. A continuación, está previsto o peche perimetral da area e o acondicionamento de accesos e aparcadoiros. Tamén se contempla a recuperación do lavadoiro, a fonte e o pozo que se emprazan nesta área.

A actuación, financiada cunha partida de corenta mil euros por parte da Dirección Xeral de Natureza, estará rematada nun breve prazo de aproximadamente quince días. Enmárcase nun ambicioso proxecto para a recuperación do complexo das lagoas de Xuño dándolle continuidade ó complexo dunar de Corrubedo.

O próximo paso será o acondicionamento dunha nova área na parte superior, ó redor do campo de fútbol. Así mesmo, o concello xa traballa na elaboración de trípticos informativos sobre a riqueza ornitolóxica e medioambiental dos humedais.

Redacción Barbanza