Noia celebra dous festivais solidarios en favor de Cáritas e Cruz Vermella

NOIA> É algo xa habitual por estas datas. As concellerías de Cultura e Servizos Sociais organizan de xeito conxunto un festival benéfico en favor de Cáritas e Cruz Vermella.

Será en dúas xornadas, o venres 23 e o luns 26, a partir das seis e media da tarde, no teatro Coliseo Noela, co espectáculo ‘El Cascanueces’, a cargo da escola de danza Oitos.

Dende Cruz Vermella e Cáritas agradeceron de novo este xesto solidario, xa que a finalidade do acto non é outra que recadar fondos e alimentos para axudar a quen máis o necesita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí