A primeira TV Arxentina interésase polo folklore da Arousa

    canal7_100.jpgVILAGARCIA> A Canle 7 de Arxentina está estes días gravando en Galicia o seu programa MP3; un espazo sobre música e folklore tradicional que esta…

    {flowplayer}images/salnes/141009_canal_arxentino_vilaxoan.flv{/flowplayer}

     … televisión pública emite os domingos en horario de máxima audiencia. En total serán tres os programas que realice na nosa comunidade; o primeiro deles fará referencia á Arousa e as súas características musicais e tradicionais. Neste periplo galego, estes traballadores da televisión contarán co asesoramento de Central Folque; que se encarga tamén este ano dun estudio de inventariado musical de Carril e Vilaxoán, que lles ven de encargar o Concello de Vilagarcía.

    Na sesión desta tarde, a Canle 7 arxentina entrevistou ó responsable do Centro Galego de Música Popular, Ramón Piñeiro e recolleu as actuacións e declaracións de novos valores da música popular vilagarciana, como é o caso de Uxía do Grupo Nós de Sobradelo e Ramón dos Xirifeiros de Carril.

    Central Folque podería valorar nos seguintes días recoller tamén outras actuacións representativas da zona, como pode ser o Vilaxoán Canta.

    Redacción Salnés