RIBEIRA> A voceira do BNG, Ana Pontón, realizou esta mañá a súa primeira visita institucional ó concello de Ribeira. Tivo ocasión de abordar co alcalde algunhas das principais necesidades do municipio en materia de sanidade, servizos sociais ou transporte público.
Foron moitos os temas abordados pola voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, durante a primeira xuntanza de traballo dende o cambio de goberno no concello.
O rexedor trasladoulle algúns dos problemas que afectan ó municipio derivados da xestión autonómico en materia de sanidade ou benestar social. Ana Pontón comprometeuse a levar ó Parlamento as deficiencias no servizo público de transporte tanto escolar como regular.
No eido social, os nacionalistas interesaranse tamén polo estado en que se atopa a tramitación da escola infantil de Aguiño e da futura residencia da terceira idade posto que, a pesar dos reiterados anuncios, din, aínda carece de proxecto para a súa execución.
Outro dos puntos abordados durante a xuntanza de traballo foi a dotación do chan industrial para a que o goberno propón recuperar o proxecto do macropolígono do Barbanza que suporía a creación dun millón de metros cadrados.
Unha nova superficie que daría servizo a toda a comarca do Barbanza que adoece na actualidade de solo empresarial.











