Máis de tres anos sufrindo problemas eléctricos

    BOIRO > Os veciños dos núcleos do Seán e Graso en Boiro levan varios anos sufrindo as consecuencias dun insuficiente sistema eléctrico.

    graso_300_131006.jpgA escasa potencia impide o desenvolvemento da vida diaria con normalidade xa que, na maioría das vivendas, é imposible manter enchufados varios electrodomésticos. Casas sen luz, lavadoras e conciñas eléctricas inutilizadas e mesmo avarías importantes nos electrodomésticos. Máis de cincuenta familias conviven a diario con esta realidade que, segundo os veciños do Seán e Graso, dificulta enormemente as tarefas máis cotidianas.

    Obsoleta rede eléctrica

    A culpable desta situación é a obsoleta e insuficiente rede eléctrica instalada nestas zonas hai xa moitos anos, cando se construíron as primeiras vivendas. Sen embargo, os veciños din estar fartos de presentar reclamacións ante a compañía sen recibir resposta algunha. O que si teñen claro é que a situación que veñen sufrindo dende hai preto de tres anos non pode continuar así posto que o uso de aparatos eléctricos vese reducido ó mínimo. En ocasións é preciso incluso lava-la roupa en plena noite para conseguir a potencia necesaria para poñer en marcha a lavadora ou apaga-lo ordenador para poder ve-la televisión. Mentres Unión Fenosa segue sen renova-lo sistema eléctricos, os veciños miran con medo cara o inverno que chega cando a situación se torna aínda máis grave posto que, durante os meses de frío, o consumo eléctrico aumenta mentres que a potencia diminúe.

    Redacción Barbanza